afinador -ra

afinador -ra

(< afinar)

  1. s

    Persoa que se dedica a afinar instrumentos de música.

    Ex: Visitounos o afinador que se ía encargar de afinar o piano.

  2. s m

    Instrumento empregado para dar o ton que serve para afinar.

    Ex: Collín o afinador para facilitar a afinación do violín.

  3. s [OFIC/HIST]

    Persoa que tiña por oficio vixiar a exactitude dos pesos e das medidas utilizadas nas transaccións mercantís e de corrixir calquera imperfección.

Palabras veciñas

afinable | afinación | afinado -da | afinador -ra | afinar | afincar | afinidade