Afonso II de Aragón o Casto

Afonso II de Aragón o Casto

Rei de Aragón (1162-1196). Fillo de Ramón Berenguer IV, herdou o Reino de Aragón e o condado de Barcelona; de Ramón Berenguer III herdou Provenza. O primeiro problema que se lle presentou a Afonso II provocouno Ramón V de Tolosa, quen procurou impedir a unión das terras situadas en ambas vertentes dos Pireneos. Por consecuencia desta oposición cedeulle o goberno de Provenza ao seu irmán Ramón Berenguer IV (1167-1181) en vasalaxe. A súa política a respecto de Provenza e da política occitana en xeral foi de pacificación, que logrou en 1189. Neste sentido, chegou a unha paz con Tolosa (1185), nomeou un alcalde para administrar Provenza e non recoñeceu sobre Provenza a soberanía imperial de Federico I Barbarrubia nin a de Enrique VI. Aliouse con Afonso VIII de Castela (1170); continuou a conquista, fundou Teruel (1171) e tentou apoderarse de València (1172); axudou a Afonso VIII na conquista de Cuenca (1177) coa renuncia previa por parte do castelán dos seus pretendidos dereitos feudais sobre o reino de Zaragoza; e, en virtude do Tratado de Cazola (1179), Afonso VIII logrou que Afonso II renunciase a conquistar Murcia. Máis tarde, sen embargo, separouse da alianza con Castela e tomou parte nunha alianza peninsular contraria a Afonso VIII (1190-1191). No ano 1178 negociou cos pisanos e cos xenoveses a súa axuda para a conquista de Mallorca, pero non foi levada a termo. Comprendeu o gran valor político da poesía e atraeu cara á Corte trobadores como Giraud de Bornelh, Folquet de Marsella, Arnant de Maruelh e Péire Vidal que afirmaban que ao rei lle gustaba a poesía sinxela e o trobar leu. Non obstante , trobadores contrarios á súa política, como Bertrán de Born, Giraud de Lluc acusaron os seus defectos e delitos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : San Pedro de Vilamajor

  • Deceso

    Lugar : Perpiñán