Afonso VI o Valente

Afonso VI o Valente

Rei de León (1065-1109), de Galicia (1071-1109) e de Castela (1072-1109). Herdou o Reino de León e orientou a súa política exterior á reunificación do reino do seu pai Fernando I o Grande, que dividira o seu reino entre os seus fillos do seguinte xeito: Castela para Sancho, León para Afonso e Galicia para García. Iniciou este proceso de reunificación anexionando o Reino de Galicia. Para acadar este obxectivo atacou ao rei mouro de Badajoz, vasalo de García; logo acudiu a Galicia, en apoio do seu irmán, que estaba enfrontado con Nuno Menéndez -conde galego sublevado-, conseguindo que García lle rendese vasalaxe; así mesmo, alíase co seu irmán Sancho, que tamén pretendía o Reino de Galicia, a cambio dunha parte do territorio conquistado. Malia as alianzas entre Afonso e Sancho, co gallo de conquistar Galicia, estes dous irmáns enfrontáronse na Batalla de Volpejar, onde Afonso caeu prisioneiro e se fixo con todo o reino paterno; sen embargo, Afonso acadou o Reino de Castela logo do asasinato de Sancho II. Así mesmo, o seu expansionismo territorial levouno ata Euskadi e a Rioja. O reinado de Afonso coincidiu coa desintegración do Califato de Córdoba, feito que posibilitou a expansión económica do reino cristián grazas ás parias (as de Toledo herdáraas do seu pai)   e a expansión territorial, que culminou coa toma de Toledo (1085). Non obstante , a invasión dos almorábides e as alianzas con Sancho III de Aragón, Ramón Berenguer II de Barcelona e coas repúblicas de Pisa e de Xénova, fíxolle ceder algún terreo. Os condes galegos intentaron unha conxura, aliándose con Guillerme o Conquistador de Inglaterra, sen embargo, a súa morte frustrou o proxecto. En 1093 nomeou conde de Portugal a Enrique de Borgoña, home da súa filla ilexítima Tareixa, o que tematou provocando a independencia do país. Así mesmo, durante o reinado de Afonso iniciouse o despegue cultural do Reino, moi influenciado pola cultura francesa e a presenza dos monxes de Cluny, ámbolos dous feitos propiciados polos seus casamentos con Agnés de Aquitania e Constanza de Borgoña. No ano 1075, sendo Bispo Peláez, inicia a construción da actual catedral compostelá, que se asenta sobre as anteriores basílicas de Afonso II e Afonso III, e será consagrada en 1105 polo Arcebispo Xelmírez. A combinación de diferentes factores como a renovación do cabido compostelán, a conquista de Toledo e a presión do Papa Gregorio VII para que adoptase o rito romano (1080) e abandonase a   antiga liturxia visigótica, provocou o inicio do retroceso da influencia galega no reinos leoneses e casteláns.

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Toledo