1 afumadoiro

1 afumadoiro

(

  1. s m

    Aparello en forma de fol que permite botarlle fume ás colmeas coa intención de recoller o mel de dentro.

    Ex: Eu non vou recoller o mel se non teño o afumadoiro.

  2. s m

    Espacio da casa onde se afuman as carnes, peixes e tamén embutidos para unha mellor conservación.

    Ex: Recolle todos os alimentos que deixaches no afumadoiro.

    Confrontacións: caínzo.
  3. v t [ETN/ESOT]

    Costume supersticioso que se leva a cabo nalgunhas comarcas galegas e que consiste en pasar o gando polo fume dunha fogueira feita a noite da véspera de san Xoán, co fin de protexer os animais dos meigallos e para que medren ben e prosperen.

Palabras veciñas

afuciñar | afumadeiro | afumado -da | 1 afumadoiro | 2 afumadoiro | afumadura | 1 afumar