1 afumar

1 afumar

(

  1. v t

    Expoñer algo, xeralmente un alimento, á acción do fume para a súa conservación ou para darlle sabor.

    Ex: Hai que afumar os chourizos para que non se estraguen.

  2. v t

    Encher ou impregnar de fume.

    Ex: O incendio afumou todo e non viamos a nena.

  3. v t

    Facer que calquera obxecto colla unha cor torrada ou negra pola acción do fume.

    Ex: Afumei os libros e agora parecen vellos. Acendeu a fogueira e afumou a casa acabada de pintar.

  4. v pron

    Poñerse da cor do tizón, como un chamizo.

    Ex: Afumouse toda a casa por mor das fogueiras de san Xoán.

    Sinónimos: denegrir, escurecer.
  5. v pron

    Encherse ou impregnarse de fume.

    Ex: Se saltas a cacharela afúmaseche toda a roupa.

  6. v pron

    Coller sabor ou olor a fume.

    Ex: Afumouse por estar á beira do lume.

  7. v pron

    Pórse negro polos efectos do fume.

    Ex: Afumáronse os meus lentes por asar as sardiñas.

  8. v pron

    Sentir enfado.

    Ex: Afumouse todo polo que lle dixen.

  9. v pron

    Poñerse borracho.

    Ex: Non sei o que facer con el sempre se afuma e non aguanto máis.

Palabras veciñas

1 afumadoiro | 2 afumadoiro | afumadura | 1 afumar | 2 afumar | afuñar | afundimento
Conxugar
VERBO 1 afumar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afumo
afumas
afuma
afumamos
afumades
afuman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afumaba
afumabas
afumaba
afumabamos
afumabades
afumaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afumei
afumaches
afumou
afumamos
afumastes
afumaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afumara
afumaras
afumara
afumaramos
afumarades
afumaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afumarei
afumarás
afumará
afumaremos
afumaredes
afumarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afumaría
afumarías
afumaría
afumariamos
afumariades
afumarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afume
afumes
afume
afumemos
afumedes
afumen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afumase
afumases
afumase
afumasemos
afumasedes
afumasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afumar
afumares
afumar
afumarmos
afumardes
afumaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
afuma
-
-
afumade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afumar
afumares
afumar
afumarmos
afumardes
afumaren
Xerundio afumando
Participio afumado
afumada
afumados
afumadas