Āgā Mu ammad
Āgā Mu ammad
Xa de Persia (1794-1797) de orixe turca, fundador da dinastía caxarita. Na guerra civil que se desatou cando foi asasinado Karīm Khan, da dinastía zand, conseguiu apoderarse de Teherán e proclamouse Rei (1786). En 1794, despois de ordenar a execución do derradeiro zand, converteuse en Xa. Fixo dúas expedicións a Xeorxia (1795 e 1796), con sorte desigual, e dominou o Khorāsān (1796). Matárono os seus criados (1797) e sucedeuno o seu sobriño Fath ‘Alī.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso