Agadez
Agadez
Capital do departamento de Agadez, Níxer (32.272 h). Situada nos contrafortes do macizo de Aïr é unha encrucillada de rutas caravaneiras en dirección a Ahaggar e ao Ténéré, feito que a converteu nun centro de comercio e mercado agrícola. Fundárona en 1920 os tuaregs procedentes de Fezzan.