Agorácrito de Paros
Agorácrito de Paros
Escultor grego, discípulo de Fidias. A súa obra máis famosa é a de Némese de Ramnunte (420) colosal estatua de mármore da que se atoparon a cabeza e a base, na que se representa nun friso a Helena conducida por Leda, a súa nai adoptiva, a carón de Némese, a súa verdadeira nai. En bronce esculpiu unha Atenea e un Zeus-Hades para o santuario beocio de Coronea. A súa obra ten sido a miúdo confundida coa de Fidias.