agrón
agrón
-
s
m
[PLANTA]
Herba perenne, de 10 a 60 cm de altura, con follas imparipinnadas, flores de 4 pétalos, brancas e en acios, e froitos en silicua. En Galicia atópase amplamente distribuída en ribeiras e lugares húmidos. Emprégase para combater as lombrigas e o escorbuto e utilízanse as follas, de sabor picante, para e elaboración de ensaladas, cremas e guarnicións.
-
agrón de prado
[PLANTA]
Nome común co que se denominan as plantas dos xéneros Cardamine e Lepidium.