Aguada, igrexa de Santa Baia de
Aguada, igrexa de Santa Baia de
Igrexa románica do concello de Carballedo con nave e ábsida rectangular cuberta por unha bóveda de canón apuntada sostida por un arco faixón. Neste edificio, construído arredor do 1220 ou 1225, destaca a influencia dos modelos de basas, capiteis e ventás de Santa María de Oseira, mosteiro cisterciense ao que estivo vinculada dende 1207. Outro dos trazos característicos de Aguada é a diversidade de motivos figurados: serpe atacando a un peixe, arpías, aves afrontadas e figuras humanas portando obxectos nas súas mans.