Águia, A
Águia, A
Publicación de periodicidade irregular aparecida no Porto en outubro de 1910. Dirixida por Teixeira de Pascoais (1910-1921) e por Leonardo Coimbra (1922-1929), esta revista atravesou por cinco etapas diferentes. Rosalía de Castro, nun traballo comparativo sobre o saudosismo portugués, Vicente Risco cos seus artigos Da Galiza renascente, versos de Noriega Varela e recensións das revistas Nós e A Nosa Terra, completan unha serie de referencias á literatura galega aparecidas nesta publicación.