Aguirre de Tejada, Patricio
Aguirre de Tejada, Patricio
Militar e escritor. Despois de participar na Guerra de Marrocos foi ascendido a Xeneral. Foi axudante do Rei Afonso XII, gobernador civil en diversas provincias e membro do Consello de Filipinas. En 1896 foi nomeado pola Raíña para exercer de titor do futuro Afonso XIII xunto con José Sanchiz. Ademais do título de conde de Andino, foi designado secretario particular do Rei Afonso XIII. Entre as súas publicacións destacan varios libros de poemas editados en Madrid en 1870 e 1903, artigos na Revista de Marina e unha comedia en verso que non saíu do prelo chamada Naufragar en la orilla.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Madrid