Aillón

Aillón

Liñaxe procedente de Laredo (Santander) que pasou a Galicia, amais de Castela, Andalucía e León. As armas primitivas traen, escudo cuarteado: o primeiro e o cuarto, en campo de prata, cunha cruz chá de goles; e, o segundo e terceiro, de ouro, con dúas faixas de sinople. A rama galega leva, escudo cuarteado: o primeiro cuatel, en campo de ouro, con tres bastóns de azur; o segundo, de prata, cun león rampante, da súa cor natural; e o terceiro cuartel, de prata, con tres faixas de azur.

Palabras veciñas

ailanto | ailelelo | Ailey, Alvin | Aillón | Ailly, Pierre de | Ailnoth | Ailuropoda