Ailly, Pierre de

Ailly, Pierre de

Científico, teólogo e cardeal francés. Chanceler da Universidade de París (1389) e Bispo de Lo Puèi (1395) e de Cambrai (1397). O Antipapa Xoán XXII fíxoo cardeal no 1412. Tentou poñer fin ao Cisma de Occidente demandando do Concilio de Constanza a reforma da curia romana e a creación dun Concilio Xeral. Atribúenselle 174 obras, entre outras, unha Imago mundi ou xeografía universal, onde describe a redondez da terra e mesmo a rotación ao redor do seu eixo. Defendeu o conciliarismo teolóxico.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Compiègne, Illa de Francia

  • Deceso

    Lugar : Aviñón, Provenza