Aires d’a Terra
Coro fundado por D. Perfecto Feijoo, foi todo un fenómeno musical da época. Difundiu e cultivou melodías populares nun momento no que a nova burguesía das cidades rexeitaba todo o que proviña do rural. Crearon un espectáculo novidoso, reproducindo en cada unha das súas actuacións a imaxe do pobo. A súa forma de traballo, esmerada, de calidade e rigorosa, propiciou que as elites sociais se achegasen as raíces antes despreciadas como un lastre para o progreso, todo iso debido en parte, a que os seus compoñentes formaban parte da chamada “boa sociedade” pontevedresa. A vontade dignificadora e de respecto que mostra o coro, que non orfeón, ante as tradicións, non está exenta de adaptación que uns consideran de inmobilista e outros, contrariamente, de prosaica e pouco rigorosa, tal foi o caso de Casto Sampedro ou do Club Karepas, este último por motivos fundamentalmente reformistas, en contraposición ao ambiente burgués dos membros de Aires d’a Terra. Os éxitos acadados polo magnífico coro traspasaron as fronteiras galegas conseguindo admiración das persoaxes máis relevantes do momento. Algúns dos membros máis destacados foron, entre outros: Castelao, Mercadillo, Torcuato Ulloa, Víctor Said Armesto, Demetrio Durán, Carlos Gastañadui, Enrique Campo e Alexandre Torres.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra -
Deceso