Aires da Miña Terra
Aires da Miña Terra
[PUBLIC]
Boletín mensual e bilingüe aparecido na Habana en xullo de 1892 e subtitulado“Boletín oficial de la sociedad de este nombre”. Dirixido por Xosé Novo García, colaboraron nel: Curros Enríquez, Sofía Casanova, Manuel Lugrís Freire, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán, entre outros. Inclúe informacións sobre a entrada e a saída de vapores, novas de Galicia, artigos de carácter económico e industrial, e comunicados da Cámara de Comercio.