Airiños
Airiños
Publicación nada en xullo de 1944 como “Órgano da Asociación Casa de Galicia de Bos Aires”. Dirixida por Eliseo Alonso a partir de 1954, reprodúcense poemas de Curros, Lamas Carvajal, Bouza-Brey e outros. Tamén se incluíron textos de Otero Pedrayo, Cunqueiro, Fernández del Riego, Antón Fraguas e Blanco Amor, por sinalar algúns. Contiña informacións sobre a vida das sociedades galegas, a sección poética “Ondas do mar louvadas” e outra sección literaria titulada “Estante de libros”.