Airiños do Carballiño
Airiños do Carballiño
Publicación editada en Bos Aires e titulada “Órgano periodístico de la Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires”. Dirixida por Eliseo Alonso, colaboran nela Xosé Clemente Sobral, Francisco V. Vázquez, Celso Arias, Francisco Araújo e Lucio Trasancos. Nela aparecen textos de Otero Pedrayo, Cunqueiro, Castelao, Bouza-Brey, Blanco Amor, Antón Fraguas e outros. Contén información sobre a colectividade galega na Arxentina e sobre aspectos culturais e literarios.