airoso -sa
airoso -sa
(< aire)
-
adx
-
Elevado, exposto ao vento.
Ex: Neste sitio tan airoso custa respirar.
-
Onde hai moito aire, dise do tempo, dun lugar ou semellante.
Ex: Non puideron saír co barco por mor do tempo tan airoso que ía.
-
-
adx
Dise do que se desenvolve con elegancia e soltura.
Ex: Curiosamente, ten unha forma airosa de actuar diante das mulleres.
Confrontacións: galán.
Frases feitas
-
Saír airoso de. Resolver con éxito, ou dignamente, un asunto ou problema.