airoso -sa

airoso -sa

(< aire)

  1. adx
    1. Elevado, exposto ao vento.

      Ex: Neste sitio tan airoso custa respirar.

    2. Onde hai moito aire, dise do tempo, dun lugar ou semellante.

      Ex: Non puideron saír co barco por mor do tempo tan airoso que ía.

  2. adx

    Dise do que se desenvolve con elegancia e soltura.

    Ex: Curiosamente, ten unha forma airosa de actuar diante das mulleres.

    Confrontacións: galán.

Frases feitas

  • Saír airoso de. Resolver con éxito, ou dignamente, un asunto ou problema.