Airy, disco de

Airy, disco de
[FÍS]

Patrón de intensidades luminosas correspondente á imaxe dun punto formada por un sistema óptico con abertura circular. O feito de que a imaxe dese punto non sexa exactamente un punto senón unha mancha é consecuencia da difracción orixinada polo diámetro limitado dos lentes e monturas dos instrumentos.