Airtel

Airtel
[COMUN]

Consorcio concesionario dunha licenza de telefonía móbil dixital GSM no estado español. Constituída a partir das empresas de tres consorcios anteriormente competidores (Airtel, Reditel e Sistelcom) en decembro de 1994 obtivo a licenza por 85.000 millóns de pesetas. Converteuse así na primeira compañía que rachaba co monopolio no sector, que ata entón gozaba a Compañía Telefónica Nacional de España (Telefónica).