Aistis, Jonas
Aistis, Jonas
Poeta lituano. Estudiou na Universidade de Kaunas e en 1936 emigrou a Francia, onde se doutorou en literatura francesa na Universidade de Grenoble (1944). Por mor da ocupación soviética non volveu ao seu país e marchou aos EE UU onde se incorporou á Biblioteca do Congreso de Washington (1958). Das súas obras cabe destacar Uzhgese chimeros akys (Os ollos mortos da quimera, 1937). Publicou unha antoloxía de poesía lituana (1950).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Kampishkes, Lituania -
Deceso
Lugar : Washington