aixada

aixada

(

  1. s f [AGR/ETN]

    Ferramenta agrícola formada por unha lámina de ferro que vai unida a un mango de madeira a través dun burato, e que se emprega para cavar e remexer a terra. A zona metálica ten a parte inferior cortante para penetrar mellor na terra e para tronzar pequenas raíces. Dependendo da área pode adoptar diferentes formas, a cadrada ten aplicación moi recente e resulta menos coñecida. A súa presencia, con diferentes variantes, coñécese en Galicia dende a época castrexa.

    Ex: Fíxenme dano nunha perna por mor da aixada.

    Confrontacións: aixola, legón, legoña, sacho.
  2. s f [ARQUEOL]

    Pezas longas de pedra puída e corte simple caracterizadas por ser máis longas ca grosas. A súa forma ou sección polo xeral é rectangular, aínda que en ocasións adoitan formas triangulares. A aparición de pezas deste tipo en numerosas mámoas sitúa a súa probable orixe no Megalitismo.

    Ex: Atoparon unha aixada nun xacemento cercano.

Palabras veciñas

AIX | Aix-en-Provence | Aix-la-Chapelle | aixada | aixadada | aixadón | aixeda