aixola
(
-
s
f
[AGR]
Legón ou sacho de pequeno tamaño que se emprega para cortar toxos e xestas.
Ex: Merquei unha aixola para cortar herba na leira.
Confrontacións: aixada, legoña. -
s
f
[ARQUEOL]
Pezas de pedra puída que teñen unha zona activa asimétrica e, en ocasións, as súas faces mostran un perfil diferente, sendo unha delas máis aplanada ca a outra. Estas pezas son de pouco volume e máis largas ca grosas. A aparición deste tipo de pezas en numerosas mámoas, sitúaas de cheo no Megalitismo.
Ex: Vimos cinco aixolas expostas no museo arqueolóxico.
Confrontacións: machado. -
s
f
[OFIC]
Ferramenta que consta dunha coitela recta ou curva unida perpendicularmente a un mango, que utilizan carpinteiros, toneleiros, etc, para labrar e desbastar a madeira. Úsase de modo perpendicular á do corte. É unha das ferramentas máis utilizadas na construción de embarcacións de madeira. Aínda que con diferentes variantes, a súa presenza recoñécese xa nalgúns castros galegos.
Ex: Para reconstruír aquela barquiña empregaron aixolas ó xeito tradicional.
-
dobre aixola
[ARQUEOL]
Denomínanse así os útiles de corte dobre, cunha sección lonxitudinal aplanada e lixeiramente asimétrica, que presentan unha perforación aproximadamente no seu centro, practicada de face a face.