Ajaccio
Ajaccio
Capital do departamento francés de Córsega do Sur e da rexión da illa de Córsega (58.315 h [1990]). Situada no golfo do seu nome é un importante centro comercial, turístico e administrativo ao S da illa. O seu porto é o principal da illa. Ten unha catedral do s XVI. A cidade antiga, chamada Adiacium, situada a uns 1.500 m da actual, aparece documentada dende o ano 601. A cidade actual foi construída polos xenoveses en 1492. Os franceses ocupárona do 1553 ao 1559 e fortificaron o porto. Volveu ao poder dos franceses en 1768.