Akamba

Akamba

Rexión da alta África oriental, Quenia, drenada polo río Athi, artellada por cadeas montañosas cubertas de herbáceas e habitada polo pobo dos kambas (612.000 h), agricultores e gandeiros. O centro comercial é Kitui, confluencia de camiños cara Nairobi.