Alba, igrexa de Santa María de
Alba, igrexa de Santa María de
Templo da parroquia de Alba, no concello de Pontevedra. A antiga edificación era unha obra románica que foi substituída en 1593 por outra mandada construír polo Arcebispo San Clemente. Da primitiva fábrica medieval tan só se conserva unha inscrición moi desgastada.