Albá, igrexa de Santiago de
Albá, igrexa de Santiago de
Templo da parroquia de Albá, (Palas de Rei). De fábrica románica moi alterada por modificacións posteriores, motivo polo que só conserva a nave. Destacan as portadas meridional e occidental, especialmente a primeira, que ten a súa única arquivolta de medio punto decorada con casetóns, motivo xeométrico só empregado nos arcos dalgúns templos do centro de Galicia. A porta oeste é abucinada, con dúas arquivoltas que se ornamentan con cadrados e con círculos afundidos e separados entre si. Polo seu estilo decorativo, debeu ser construída contra o 1200.