Albacete

Albacete

Capital da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situada no centro dunha cubeta endorreica drenada artificialmente cara ao Xúcar (143.799 h [1996]). Economía marcadamente agrícola grazas aos considerables caudais freáticos; destaca a tradicional industria de coitelos. Situada na ruta que entra na Meseta desde o Mediterráneo polo val de Montesa, non adquiriu importancia ata a decadencia de Chinchilla (s XVIII) e, sobre todo, no momento en que se erixe en capital provincial (1833) e coa chegada do ferrocarril. Foi sede da audiencia territorial un ano máis tarde e sé episcopal en 1950. A parte monumental da cidade está reducida á igrexa de San Xoán, agora catedral. O crecemento urbano moderno arrinca do s XX.