Alba de Tormes

Alba de Tormes

Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, drenado polo río Tormes (4.647 h [1996]). Destacan o Convento das Carmelitas, onde se conservan os restos de santa Teresa de Jesús, as igrexas de San Juan (s XII), e as románico-mudéxar de Santiago e San Miguel, e o Torreón da Armería (s XVI) nas ruínas do alcázar.