Alba Iulia

Alba Iulia

Capital do judet de Alba, Romanía, situada cerca do río Mures (72.405 h [1996]). Foi unha importante cidade romana da Dacia occidental, coñecida primeiro co nome de Apulum. Converteuse, a finais de s XVI, en capital política e relixiosa de Transilvania. No s XIX, foi foco da loita pola autonomía transilvanesa. Foi designada como punto de reunión do Consello Nacional romanés en 1918 no cal se decidiu o retorno desta a Romanía.