albará

albará

(<ár al-barā’ ‘documento de liberdade ou exención’)

  1. s m

    Documento público ou privado no que consta un permiso ou unha obriga.

    Ex: No albará figura todo o que temos que facer neste período.

  2. s m [DER]

    Documento que normalmente acompaña a mercadoría librada, e que indica a natureza e a cantidade, a data da libración e o nome do comprador e do vendedor, e que, se se está conforme, acredita a recepción da mercadoría.

    Ex: Marchou sen que lle asinase o albará de entrega.

  3. s m [HIST/DER]
    1. Cédula, xeralmente de papel, acreditativa dunha orde, concesión ou provisión real; era breve e portaba a sinatura ou selo do Rei.

    2. Cédula que acreditaba ter pagados os dereitos de aduana.

  4. [ARQUIV]

    albará de guía

  5. [PALEOG]

    letra albará

Palabras veciñas

Albar | Álbar de Córdoba | Albar, ponte de | albará | albarda | albardar | albardeiro -ra