Albariña

Albariña

Río que nace no monte da Castiñeira (a 300 m de altitude), da confluencia do río Baña e Faílde; atravesa as parroquias da Baña e Barcala, do concello da Baña, onde recibe as augas do río Nantón, e a de Covas, no concello de Negreira, alí conflúe co río Barcala na Agra da Barca.