Albelda de Iregua

Albelda de Iregua

Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja, en Tierra de Cameros (2.267 h [1996]). O Iregua rega unha área de árbores froiteiras; o resto é de sequeiro (cereais e oliveiras). O mosteiro de San Martín de Albelda foi fundado por Sancho Garcés I de Navarra no 924. Centro cultural nos ss X e XI, é célebre polo cronicón Albeldense e polo códice Albeldense copiados polo monxe Vigilia no 947. Semella que a Batalla de Albelda ou de Clavijo, onde fixo a súa aparición o Apóstolo Santiago, tivo lugar nesta localidade.