Albéniz, Isaac

Albéniz, Isaac

Pianista e compositor catalán. Neno prodixio, aos 8 anos xa dera concertos en moitas cidades españolas. En 1872 foi á Arxentina, ao Brasil, a Porto Rico e a Cuba e no 1875 aos EE UU. Estudiou en Leipzig, foi alumno de Liszt en Budapest (1878) e acadou unha bolsa do Conservatorio Real de Bruxelas (1879). En Barcelona, estudiou con Felipe Pedrell (1883) e deu concertos con motivo da Exposición Universal do 1888. En París (1893), fíxose amigo de Fauré, Vicent de Indy, Debussy e Dukas. Andalucía foi para el fecunda fonte de inspiración. A súa obra de maior interese é, se cadra, a pianística, que culmina con Ibèria (1906-1909), compilación de doce pezas repartidas en catro cadernos. Salientan tamén Rapsòdia espanyola e Records de viatge. Cómpre citar no campo sinfónico Capricho cubano e Catalònia (1899). Tamén compuxo óperas (Pepita Jiménez, 1896) e melodías.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Cambo, Lapurdi

  • Deceso

    Lugar : Paíasco Francés

  • Nacemento

    Lugar : Camprodon, Girona

  • Deceso