Albera, serra de
Albera, serra de
Macizo do Pireneo oriental que separa o Vallespir e o Rosellón (Francia) de Catalunya (1.256 m no pico Neulós). Nela os romanos estableceron os límites entre a Galia Narbonesa e a Hispania Citerior. No Tratado dos Pireneos (1659), Luís XIV e Filipe IV acordaron trazar ao seu través a fronteira entre os seus reinos.