Alberoni, Giulio
Alberoni, Giulio
Cardeal e político italiano. Entrou na Corte de Filipe V de España, aconsellou o casamento do rei, viúvo recente, con Isabel de Farnesio, filla do duque de Parma. Nomeado Primeiro Ministro (1717), destituíu varios ministros e reformou a súa posición co cardealado. Apoderouse por sorpresa de Sardeña (1717). Animado polo éxito, enviou a Sicilia outra flota, que foi derrotada pola escuadra inglesa (1718). Francia invadiu entón a Península, rexurdiron en Catalunya os guerrilleiros antifilipistas do Carrasclet e navíos británicos atacaron Vigo e Santoña. Isto provocou a caída de Alberoni (1719) que aínda interveu na política italiana dende Roma.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Fiorenzuela de Arda -
Deceso
Lugar : Piacenza