Alberti, Leon Battista

Alberti, Leon Battista

Humanista e arquitecto italiano. Estudiou humanidades e matemáticas, entrando ao servizo do Cardeal Albergati no 1428. Dende 1431 a 1447 foi secretario do Papa Uxío IV. Visitou Florencia (1434), coñecendo a Brunelleschi e proxectou o pazo Rucellai (1446). Foi chamado por Sexismundo Malatesta para colaborar na transformación da igrexa de san Francisco de Rímini (1450). En santa María Novella de Florencia desenvolveu o modelo típico da fachada barroca (1456). En Mantua fixo a igrexa de Santo Andrés (1470), considerada un precedente do tipo de igrexa xesuítica. Home de curiosidade universal, é o primeiro arquitecto plenamente renacentista, e representa, máis que unha revolución, unha evolución do gótico pre-renacentista, cunha concepción aristocrática da arquitectura. Foi o primeiro gran teórico da arte do Renacemento, autor dos dous libros de De re aedificatoria (1451), onde defende a Vitrubio como modelo estético. Escribiu en latín diversas obras narrativas e teatrais de xénero satírico e defendeu o uso do italiano nos catro libros dialogados Della famiglia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Xénova

  • Deceso

    Lugar : Roma