Albí

Albí

Capital do departamento francés do Tarn, nos Pireneos (46.579 h [1990]). Industria metalúrxica e téxtil. Hulla, cal e cemento. Antiga civitas romana, no s V foi sé episcopal. Foco principal da herexía cátara, a violenta Cruzada Albixense (1212-1213) asolou a rexión. No 1249 incorporouse á Coroa de Francia. A catedral (1282-1390) é a maior das igrexas fortificadas francesas.