albita
albita
(
-
s
f
[QUÍM/IND]
Mestura explosiva de baixa temperatura de explosión, a base de nitrato amónico (61%), nitrato de guanidinio (24%) e nitroguanidina (15%). Actualmente case non se utiliza.
-
s
f
[MINERAL]
Silicato de aluminio e sodio, NaAlSi 3 O 8 , do grupo dos feldespatos. Cristaliza no sistema triclínico, e presenta maclas polisintéticas repetidas e moi características; de exfolación perfecta, incolora, transparente e inatacable polos ácidos. Ten unha dureza 6-6,5 e peso específico 2,63. É un mineral esencial nos granitos e sienitas xa que é o compoñente máis ácido da serie isomorfa das plaxióclasas. Ten unha forma polimórfica chamada periclina.