albitorno

albitorno
  1. s m [PLANTA]

    Herba perenne, con talos de ata 100 cm de altura, glabra, de follas ovadas ou amplamente lanceoladas, de flores brancas ou rosadas, agrupadas en cimas densas, e de froitos capsulares oblongos. Emprégase contra a asma e algúns males da pel e, polo seu contido en saponinas, como sucedáneo do xabrón. Atópase amplamente distribuída por toda Galicia, en lugares húmidos, beiras de regatos e preto de camiños ou leiras.

  2. s m [PLANTA]

    escrofularia.

Palabras veciñas

albiscar | albita | albitización | albitorno | albixense | Albixoi | albízaras