albízaras

albízaras

(< ár andalusí albúšra <ár al-bíšāra ‘boa nova’)

  1. s f pl

    Boas novas.

    Ex: Albízaras!, rematamos o traballo máis penoso.

    Sinónimos: alegría.
  2. s f pl

    Agasallo que recibe a persoa que trae unha boa noticia ou que achega algo positivo.

    Ex: Recibiu albízaras polo traballo ben feito.

    Sinónimos: premio, recompensa.

Palabras veciñas

albitorno | albixense | Albixoi | albízaras | Albizia | Albizú Campos, Pedro | Albizzi