Albizzi
Albizzi
Familia de mercadores florentinos orixinaria de Arezzo, enriquecida coa industria da la. Nos ss XlV e XV apoiou o partido güelfo. Maso Albizzi (1347-1417) gobernou a República de Florencia (1382-1417) instaurando a ditadura da oligarquía mercantil. Rinaldo Albizzi (1370-1442) anexionou Pisa e Liorna e opúxose aos Médici. A súa política represiva provocou a súa caída (1434) e exiliouse.