alegría
alegría
(< alegre)
-
s
f
Sentimento de pracer que nace xeralmente dunha viva satisfacción anímica e que se manifesta con signos exteriores na faciana ou nas palabras.
Ex: A alegría que aparecía na súa face denotaba o seu optimismo.
Sinónimos: felicidade, gozo, ledicia, satisfacción. Antónimos: desgusto, tristeza. -
s
f
[PLANTA]
trevoacedo.
-
s
f
[LIT]
Pareado de rima asonante típico da lírica popular andaluza, formado por un pentasílabo e un decasílabo ou un hexasílabo e un hendecasílabo. Tamén recibe este nome un tipo de seguidilla; conxunto de catro versos de arte menor onde os versos pares son pentasílabos rimados en asonante e os impares heptasílabos quedan soltos.
Refráns
- A alegría, contándoa, crece.
- A tres días de alegrías, trinta días de agonías.
- As alegrías non son para tódolos días.
- Ben se alegra o lobo do que come o zorro.
- Corazón alegre, home san.
- Da panza sae a danza.
- Día virá que o que hoxe canta, chorará.
- Fai ben e vive alegre.
- Non sabe o que é alegría o que non cría.
- Non sei que ten o pandeiro, que moito alegra o turreiro.
- O pandeiro dálle alegría ao turreiro.
- Quen vai mal cantando, non pode ir ben chorando.
- Unha onza de alegría vale máis ca unha fanega de melancolía.
- Unha onza de alegría vale máis que cen fanegas de melancolía.
- Vale máis neno contento que pucho de cereixas.
- ¡Alegrete, alegrote: que hai viño na cuba e chourizos no pote!
- ¡Alegría, albardeiros, que se queima a palla!
- ¡Alegría, Entroido: que mañá é Coresma!
- ¡Folión, foliote, que anda o rabo do porco no pote!
- ¡Que alegría hai no turreiro, cando se anima o pandeiro!