Alborada
Alborada
[PUBLIC]
Revista nada en 1955 e subtitulada “Órgano de la Casa Galicia de São Paulo”. Foi dirixida, nun primeiro momento, por Federico Valeiro Caramés comezando logo unha segunda etapa en xullo de 1963 baixo a dirección de Anxo Nieto Vicente. Colaboran nela Vicente Risco, Antón Fraguas, Manuel María e Luz Pozo Garza. A revista transmitía información referida á actualidade do Brasil e Galicia. Reprodúcense tamén algúns poemas e artigos de Mª Dolores Souto, Xaime Quintanilla, Gumersindo d´Entenza e Fernández del Riego co seu pseudónimoSalvador Lorenzana.