álcido -da

álcido -da

(< lat alcidae)

  1. adx

    Que pertence á familia dos álcidos.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave da familia dos álcidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ORNIT]

    Familia de aves da orde dos caradriformes, integrada por aves mariñas mergulladoras, de coloración branca e negra, de patas dispostas moi posteriormente polo que en terra teñen unha posición ergueita. Teñen os dedos unidos por unha membrana e as ás curtas. Viven nas augas frías do hemisferio norte. A este grupo pertencen os araos.

Palabras veciñas

Alchemilla | Alciato, Andrea | Alcibíades | álcido -da | Alcifrón | Alcina Franch, José | Alcínoo