álcido -da
álcido -da
(< lat alcidae)
-
adx
Que pertence á familia dos álcidos.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da familia dos álcidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Familia de aves da orde dos caradriformes, integrada por aves mariñas mergulladoras, de coloración branca e negra, de patas dispostas moi posteriormente polo que en terra teñen unha posición ergueita. Teñen os dedos unidos por unha membrana e as ás curtas. Viven nas augas frías do hemisferio norte. A este grupo pertencen os araos.