ALCOA
ALCOA
[Aluminium Company of America] Empresa fundada no 1907 nos EE UU como continuación da Pittsburg Redution Company (1888) e dedicada á produción de aluminio. É a primeira empresa mundial na produción deste material. Posúe minas de bauxita en Australia, Xamaica, Surinam, EE UU e a República Dominicana, e fábricas de aluminio nos Países Baixos, Francia, Noruega, Alemaña e Italia. O grupo ALCOA tamén está presente en España (ALCOA INESPAL) onde posúe varias plantas de aluminio distribuídas por todo o territorio (Avilés, Alacant, Valls, Barcelona, etc) e concretamente posúe catro plantas de produción en Galicia (dúas en San Ciprián, Arteixo e A Coruña).