Alcoi
Alcoi
Municipio da provincia de Alacant (60.921 h [1996]). Industria téxtil, produtos metálicos e maquinaria, minerais e produtos non metálicos, papel e artes gráficas, e alimentación. Organízase cada ano o espectáculo dos mouros e cristiáns. Os íberos e, sobre todo, os musulmáns organizaron o territorio e concentraron a poboación. Xaime l reconquistou Alcoi no 1244. Alcoi coñeceu a axitación da Xermania e a revolta mourisca contra a expulsión do 1609, que marcou unha época de decadencia. No s XVlll, Alcoi adquiriu unha grande importancia industrial. Dende o congreso de Córdoba (1872), Alcoi foi sede da comisión federal internacionalista española.